Apartamento Amasar

Zonas exteriores de relax?
Accesibilidade?
Comodidade?
Equipamento?

Se estas son as túas prioridades, este é o teu apartamento.

Vivenda construída no andar baixo da casa e, polo tanto, accesible para persoas con mobilidade reducida.

Conta cun amplo salón-cociña, ao que se accede desde a rúa cruzando unha terraza para relaxarte e gozar da paz que ofrece a zona vella de Allariz.

Ademais dun cuarto de baño grande, tamén dispón de dous dormitorios: un moi espacioso, con cama de 1,50m, e outro pequeno, con cama de 1,05m.
Ambos cuartos dan a unha terraza traseira, con total privacidade.

Cociña

Cociña equipada
Microondas
Vitrocerámica
Menaxe
Frigorífico grande
Coffe corner

SALÓN

Smart TV
Sofá con asentos deslizantes
Mesa comedor ampla, con catro cadeiras

BAÑO

Ducha
Secador
Toallas
Xabón de mans, xel ducha, xampú e máscara para o pelo.

DORMITORIO 1

Cama de 1,50 metros
Armario
Roupa de cama
Smart TV

dormitorio 2

Cama de 1,05 metros
Armario
Roupa de cama

ADEMAIS…

Dúas terrazas
Aire acondicionado
Wifi

Capacidade máxima: 4 persoas