Contorna

E degustar, saborear… disfrutar.  

Por que elixirnos?

Porque cando ofreces un servizo con todo o amor e detalle, só pode saír ben!
En O Forno Vello gozarás dunha experiencia única, nun espazo único, cheo de maxia e paz.

O Forno Vello está situado nunha das vilas máis bonitas de Galicia: ALLARIZ, declarada Conxunto Histórico-Artístico desde 1971, dotada de protección como Ben de Interese Cultural (BIC), conta cunha rehabilitación urbanística exemplar recoñecida en 1994 co Premio Europeo de Urbanismo.
Non esquezas pasear pola súa zona histórica, visitar os seus museos, subir ao Monte do Castelo e marabillarte coa magnífica vista panorámica da vila que nos ofrece, dar un paseo polas beiras do río Arnoia, visitar o Festival Internacional de Xardíns ou disfrutar da súa gastronomía local. Fóra do núcleo urbano, é tamén obrigatoria a visita ao EcoEspazo do Rexo, Santa Mariña de Augas Santas, A  Armea ou San Salvador dos Penedos.
Allariz é un destino para saborear sen présas. 

Allariz atópase a pouco máis dun cuarto de hora de Ourense, capital de provincia, que ofrece tamén unha rica combinación de historia, arte, cultura e termalismo. A visita ao casco histórico, ás súas pontes máis emblemática, ás termas e ao río Miño…  serán de gran agrado para todo viaxeiro.

A Ribeira Sacra é outro dos lugares a ter en conta. Combinando natureza, historia, arte románica, viticultura e espiritualidad, esténdese entre as provincias de Ourense e Lugo seguindo os canóns dos ríos Miño e Sil. A menos dunha hora de Allariz, a Ribeira Sacra é unha experiencia fascinante.  

Xa por último, se non es galego, entra na páxina de Turismo Galicia e escolle aquela visita que máis se adapte a ti: espazon naturais, rías e praias, cidades, xeodestinos… Todo está en Galicia! 

Disfruta da túa estancia e grazas por escollernos.

Servizos de primeira

Allariz ofrece servizos de primeira, sen necesidade de desprazamentos: gastronomía, cultura, natureza, artesanía, shopping… Todo está na vila!

Os nosos apartamentos están á súa altura. Rematados de construír en xullo do 2025, tamén ofrecen todo o necesario para que a túa estancia sexa tan acolledora e especial como a propia vila na que se ubican.

Estrea comodidade, estrea encanto, estrea benestar en O Forno Vello.

Se queres máis información…

Deixámosche varios enlaces onde obter máis información da contorna de Allariz