Alóxate no corazón de Allariz

A mellor opción para as túas vacacións

O FORNO VELLO

No corazón de Allariz

Tal vez, os nosos e as nosas hóspedes, ao cruzaren a porta, sintan aínda o arrecendo do pan acabado de saír do forno, recordo vivo do que foi a primeira ubicación de `O Forno do Tomás´, unha panadería que leva elaborando produtos artesáns e de calidade en Allariz desde 1940. Este espazo, que noutrora encheu de vida e sabor os fogares de Allariz, transfórmase agora nun lugar de descanso onde reina a calma, a paz e a tranquilidade; un lugar que sería un soño para o avó Tomás; sería un soño para o seu fillo Félix e é un soño para min, neto e fillo dos anteriores, tamén de nome Félix, que o convertín en realidade. Queridos e queridas hóspedes, agora xa é voso. Gozade del e gozade da vila na que está ubicado.

Allariz, un dos lugares máis fermosos de Galicia, agarda por vós co seu encanto singular.

Os nosos apartamentos atópanse no corazón da vila, en plena zona histórica, onde as rúas empedradas contan historias de tempos pasados.

Recomendámosvos perdervos nos seus recunchos, pasear polas beiras do río Arnoia e admirar o seu enorme patrimonio. Cada paso pola vila e os seus arredores (O Rexo, Santa Maríña de Augas Santas, A Armea, San Salvador dos Penedos…) é un regalo para os sentidos e axuda a comprender por que Allariz é un tesouro.

Lembrade, ademais, que a vila está nun enclave único, ao lado da cidade termal de Ourense ou ben pretiño da Ribeira Sacra, lugares que, de seguro, complementarán a vosa visita.

A vosa estancia n´O Forno Vello ha de ser tan acolledora e especial como a historia que precede este lugar e esta vila.

O Forno Vello

  • Encóntrase a menos de 100m da Barreira, o gran aparcamento público da vila. Estacionar o coche non será unha preocupación.
  • Está ubicado en plena zona histórica, onde reina o silencio e a paz. Desconecta e disfruta da beleza de Allariz.
  • Conta con WIFI
  • Posúe unha zona de lavandería gratuíta, con lavadora e secadora.
  • Dispón de carta de almofadas.
  • Ofrece un detalle de benvida ao persoal hospedado e descontos nos produtos de O Forno do Tomás.

Tres exclusivos apartamentos

No corazón de Allariz

Zonas exteriores de relax?
Accesibilidade?
Comodidade?
Equipamento?

Se estas son as túas prioridades, este é o teu apartamento.

Con todos os servizos

Goza da túa estancia neste apartamento con vistas á rúa principal; unha casiña chea de encanto.

Construída en dous andares, esta vivienda dá sensación de gran amplitude grazas aos teitos tan altos e ao gran ventanal á rúa principal que a enche de luz.

Goza da tranquilidade

Allariz “entra” neste apartamento e convértese nun hóspede máis a través do gran ventanal co que conta, que nos fará gozar dunhas incribles vistas á zona histórica e ao Castelo e nos lembrará a súa beleza e encanto.

Construído en dous andares, esta vivienda dá sensación de gran amplitude grazas aos teitos tan altos e á gran xanela ao monte do Castelo e á zona vella.

Por que elixirnos?

Porque cando ofreces un servizo con todo o amor e o detalle, só pode saír ben!
En O Forno Vello gozarás dunha experiencia inesquecible, nun espazo único, cheo de maxia  e paz. 

No corazón da zona histórica de Allariz, esta casa construída con materiais nobres, agocha un encanto especial. A madeira é a gran protagonista, que  abraza á pedra nun equilibrio perfecto entre tradición e acubillo. Os grandes ventanais enchen de luz as estancias para darlle calidez e benestar. É un refuxio que conxela o tempo e convida a vivir máis amodo, ao ritmo dos recordos e do ría Arnoia.

Servizos de primeira

Allariz ofrece servizos de primeira, sen necesidade de desprazamentos: gastronomía, cultura, natureza, artesanía, shopping… Todo está na vila!
Os nosos apartamentos están á súa altura. Rematados de construír en xullo do 2025, tamén ofrecen todo o necesario para que a túa estancia sexa tan acolledora e especial como a propia vila na que se ubican. Estrea comodidade, estrea encanto, estrea benestar en O Forno Vello.

Comodidades para todos e todas

WIFI gratuíta
Aire acondicionado
Carta de almofadas
Zona de lavandería gratuíta
Aparcamento público a menos de 3 minutos
Ubicación perfecta

Reservas

Podes empregar este formulario para poñerte en contacto connosco. Se precisas máis información, facer unha reserva ou algunha observación, este é o sitio para facelo.