
Allariz “entra” neste apartamento e convértese nun hóspede máis a través do gran ventanal co que conta, que nos fará gozar dunhas incribles vistas á zona histórica e ao Castelo e nos lembrará a súa beleza e encanto.
Construído en dous andares, esta vivienda dá sensación de gran amplitude grazas aos teitos tan altos de madeira e á gran xanela ao monte do Castelo e á zona vella.
O primeiro andar conta cun amplo cuarto de baño e un salón-cociña tamén,amplo, con mesa comedor para catro persoas e sofá-cama de 1,50m, de fácil apertura italiana
O segundo andar, aberto ao primeiro, é un gran dormitorio (22 metros cadrados) e está equipado cunha cama de 1, 50m, armario e Smart TV.
Esta estrutura tipo dúplex transmite amplitude e benestar.
Cociña
Cociña equipadaMicroondasVitrocerámicaMenaxeFrigorífico grandeCafeteira
SALÓN
Smart TVSofá- cama de 1,50m, de fácil apertura italiana
Mesa comedor para catro persoas
BAÑO
Ducha
Secador
Toallas
Xabón de mans, xel ducha, xampú e máscara para o pelo.



DORMITORIO
Cama de 1,50 metros
Armario
Roupa de cama
Smart TV
ADEMAIS…
Aire acondicionadoWifi




Capacidade máxima: 4 persoas
